|
FEBAM prepara unha nova Guía turístico – comercial |
||||||||||
|
A Guarda, 21/05/ 2008. A Federación de Empresarios do Baixo Miño – FEBAM, vén facendo dende o ano 2006 unhas guías tanto turísticas como comerciais co fin de promocionar e potenciar a comarca do Baixo Miño como un destino turístico de calidade, ademais de dinamizar e publicitar o pequeno comercio local. A primeira guía que FEBAM sacou á luz, foi no ano 2006. É unha Guía enteiramente Turística da cal distribuíronse máis de 30.000 exemplares e onde se destaca de cada un dos concellos do Baixo Miño a súa gastronomía, as zonas de interese a visitar e descubrir tódolos seus monumentos e encantos, publicitándose, como non, os seus establecementos comerciais.
Foi máis tarde, no ano 2007, cando FEBAM dá a coñecer a súa segunda guía, pero primeira “Guía Comercial do Baixo Miño”, da que se repartiron máis de 30.000 exemplares. Contén tódolos establecementos asociados á Federación ao longo de todo o Baixo Miño dividindo a información segundo a actividade comercial en distintos sectores como comercio e hostalería… Concello de Tomiño
Por tolo elo e debido á grande acollida das anteriores guías, por parte tanto dos asociados como dos clientes e turistas, FEBAM está preparando dende o mes de Xaneiro a súa terceira “Guía Turístico – Comercial”, destinada este ano ao Concello de A Guarda. Esta guía conta, dunha parte, con toda a información gastronómica e turística onde se destacan os puntos de interese a visitar para descubrir o encanto da Guarda, como poden ser O Porto, o Monte de Santa Trega ou o seu conxunto histórico; e pola outra parte con tódolos establecementos comerciais deste fermoso concello. Concello do Rosal
Desta guía, da cal distribuiranse máis de 30.000 exemplares, como as súas predecesoras, envíanse exemplares a tódolos puntos de turismo dentro da Comunidade Autónoma Galega e a diferentes comunidades autónomas como Castilla La Mancha e Andalucía, ao norte de Portugal, e, como non, repartirase por tódolos establecementos da comarca así como polas oficinas de información turística do concello de A Guarda para dar a coñecer a nosa riqueza como comarca e poder proporcionar ao turista toda a información que precise. Concello da Guarda
Concello de Oia
FEBAM, pretende con estas iniciativas fomentar un turismo e un comercio de calidade. A elaboración desta guía, como a das anteriores, conta co patrocinio da Consellería de Innovación e Industria e da Federación Galega de Comercio. |